CLASES DE PALABRAS
PALABRAS VARIABLES
Son as que cambian de forma mediante morfemas de xénero (masculino e feminino), número (singular e plural e o tempo e persoa nos verbos. Incluímos neste grupo o substantivo, o adxectivo, o artigo, os pronomes e o verbo.
PALABRAS INVARIABLES
Son as que non poden variar a súa forma mediante a unión ou o troco de morfemas. Pertencen a este grupo os adverbios, as preposicións, as conxuncións e as interxeccións.
morfemas gramaticais (tamén denominados desinencias)
Só dan información gramatical: * Xénero: masculino e feminino avo-a, lour-o, lour-a * Número plural avó-s, muller-es * morfemas verbais para o modo-tempo e número-persoa: ferv-o, almorz-ou
prefixos
van antes do lexema e só poden ser morfemas derivativos: pre-historia, anti-néboa, des-vantaxe, i-legal
morfemas
Os morfemas non posúen significado léxico, pero achegan unha determinada información
sufixos
van despois do lexema e pola súa natureza poden ser: a) gramaticais: todos os morfemas gramaticais son tamén sufixos, pois só poden ir despois do lexema ou raíz. b) derivativos: aqueles morfemas que crean novas palabras mediante a súa unión ao lexema: dent-ista, froit-ería, mir-adoiro.
Clases de palabras
As palabras (segundo a estrutura, o significado e a función) agrúpanse nas seguintes clases: substantivos, adxectivos cualificativos, determinantes, pronomes, verbos, adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións
palabras parasintéticas segundo a súa estrutura
Este termo é usado para dous fenómenos diferentes: 1) palabras que están formadas por dous lexemas e un morfema derivativo foto+copia+dora= fotocopiadora para+auga+eiro= paraugueiro 2) palabras que necesitan unir ao mesmo tempo un prefixo e un sufixo para crear a nova palabra: laranxa -> alaranxado
morfemas derivativos
Forman palabras novas, derivadas ao se uniren cos lexemas. Axudan a completar o significado desas novas palabras resultantes da devandita unión.
Como están formadas as palabras?
Hai palabras formadas por un só elemento e, polo tanto, non poden descompoñerse: avó, muller, reloxo, par, campión, terra, feliz, mellor, lonxe, agora. A maioría, en cambio, están formadas por varios elementos e poden descompoñerse en partes máis pequenas: avó-s, avo-a, avo-a-s, muller-es, relox-ería, relox-eir-o-s.
palabras simples segundo a súa estrutura
formadas de dúas maneiras: - Só por un lexema: avó, muller, lingua, venres, mañá, forte, onte, preto. - Lexema + morfemas gramaticais: avós, avoa, avoas, mulleres, xantemos, falei
palabras derivadas segundo a súa estrutura
formadas de varias maneiras: - Prefixo + lexema: bis-avó, im-par, ante-proxecto, pos-guerra. - Lexema + sufixo: coruñ-és, debux-ante, froit-ería, alumn-ado. - Prefixo + lexema + sufixo: extra-terr-estre, inter-nacion-al. - Ademais, poden levar morfemas gramaticais: bisavoa, impares, coruñesas, extraterrestres.
palabras compostas segundo a súa estrutura
formadas tamén de dúas maneiras: - Por dous lexemas: fotocopia, ollomol, balonmán, beiramar. - Dous lexemas + morfemas gramaticais: fotocopias, malgastou, xordomudas.
Familia léxica
o conxunto de todas as palabras (simples, compostas e derivadas) que teñen o mesmo lexema. A familia de terra está formada polas seguintes palabras: terra, terraplén, terráqueo, terratenente, terreal, terremoto, terreño, terrestre, terrón, aterrar, aterraxe, desterrar, enterrar, enterrador, soterrar, subterráneo...
prefixos e sufixos
é a denominación que se lle outorga aos morfemas atendendo a se se colocan antes do lexema (pre-fixo) ou despois (su-fixo).
lexema ou raíz (tamén se pode denominar morfema léxico)
é a parte invariable da palabra e contén o seu significado léxico (significado propio e completo): im-par, campion-ato, extra-terr-estre, ferv-o, almorz-ou. Teñen lexema os substantivos, os verbos, os adxectivos e mais a maioría dos adverbios.